03/04/17

INNOVANDO NO COMEDOR

Este mes, no comedor,  os rapaces probaron novos pratos: lasaña, melón con xamón, arroz caldoso. Tiveron moi boa acollida.
Aí deixámosvos unhas fotos.





O DÍA DO AUTISMO

Onte,  o domingo día 2 de abril, celebrouse o día mundial da concienciación sobre o autismo.
Con tal motivo, e co fin de sensibilizar ó alumnado do CEIP. Celso Currás de Trabada ante as características do autismo, preparamos unha xornada escolar para o venres 31 de marzo, na que os pictogramas guiarían ó alumnado nas súas actividades diarias, co propósito de que vivenciasen o día a día do alumnado con transtorno do espectro autista.

Confeccionáronse unhas axendas por aula baseadas no horario de aula para o venres, feitas con pictogramas (debuxos que representan as palabras).
Os alumnos tiveron que consultar estas axendas cada vez que ía haber un cambio de actividade, nese momento, a maiores de ler os pictogramas da actividade que tocaba, retiraban os pictogramas das actividades rematadas.
                                                                                            








24/03/17

DÍA DA ÁRBORE

Hoxe celebramos o Día da árbore dentro da VI Semana Escolar da Árbore e da Auga da Deputación de Lugo adicada este ano aos ameneiros.
Os rapaces realizaron varias actividades tomando como punto de partida os libros editados pola Deputación: Eva, o trasno e o ameneiro e Salven os ameneiros!

Ademais os rapaces de Ed. Infantil plantaron un Pé de ameneiro acompañados pola nosa alcaldesa.




















DÍA DA AUGA

O mércores 22 de marzo celebramos o día da auga cos nosos amigos do "Sabor da Aventura está no mar". Ensinaronnos novos conceptos relacionados co mundo do mar a través de videos e xogos.













Para rematar a xornada regaláronlles contos, gorras e firmaron unha carta de compromiso para comer máis peixe e produtos do mar.






PLANTANDO NO HORTO

 O 9 de marzo, os rapaces disfrutaron dunha xornada no horto. Durante o inverno os nosos cultivos apenas medraron así que preparamos os caixóns para plantar novos cultivos.Plantamos pementos, leitugas......plantas aromáticas e medicinais......framboesas e amorodos.


Limpamos os caixóns de malas herbas:







Plantamos:
















Puxemos veneno ecolóxico:








Por último cubrimos con palla:























Observamos como medran os amorodos e as framboesas doutros anos.



Revisamos o noso composteiro que se atopa en proceso de descomposición.