19/12/17

3 DÍAS PARA AS VACACIÓNS!!


Xa nos atopamos de cheo mergullados na última semana do Trimestre e o Nadal está á volta da esquina! 

Ao cole pouco a pouco van chegando máis decoracións navideñas e o ambiente vaise creando ata nos nos nosos menús! Ademais de doces navideños, disfrutamos de ricas tartas de cumpreanos para festexar os aniversarios do trimestre ( Ver nova entrada á volta das vacacións)




















Papá Noel chegou con adianto por Trabada, e xa nos deixou algúns agasallos e experiencias para pasalo ben todos xuntos no cole.

A pasada semana o alumnado de 3º a 6º de Primaria tiveron a sorte de visitar platós de televisión e os estudos de gravación de series da televisión de Galicia. Coñecemos todos secretos que as rodaxes agochan, todas as técnicas que empregan para as montaxes, e metémonos de cheo no interior dos escenarios de traballo dos actores e actrices. Incluso tivemos a oportunidade coñecer e charlar con algún deles e velos en acción. Foi unha experiencia fabulosa e moi enriquecedora. Nen@s e mestras aprendimos moito! Gracias á Voz Audiovisual por abrirnos as súas portas e noraboa por todo o traballo que fan!







Outro agasallo que nos agarda esta semana, é a visita de todo o alumnado  ao cine de Ribadeo. De seguro que o pasaremos xenial!



Non vos esquezades de ser bos, que estos días temos moita viaxiancia por todos lados! ;) ;)
E ide prácticando ben coas cartas, para que Papá Noel e os Reis Magos vexan como vades aprendendo!


Boas Festas a tod@s, disfrutade moito en familia e cargade moi ben as pilas para volver con moitas gañas no 2018!!!! :) 









05/12/17

CONTA ATRÁS PARA O NADAL



Nun abrir e pechar de ollos, xa nos atopamos en Decembro e coa súa chegada, apróximase o querido Nadal.
O cole comeza a impregnarse de soños e ilusións navideñase e, ansiosos, tod@s contamos os días que faltan para as vacacións.


Para facer un pouco máis amena a espera, endulzáremos cada día co calendario de conta atrás. Xa queda menos! SEDE BOS ;) 





Non vos esquezades de escribir a vosa carta, chea de bonitos desexos e ilusión para estas festas e o novo ano. O buzón agarda todas as vosas peticións ;) 



28/11/17

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


POLA IGUALDADE

O pasado venres conmemoramos no cole o DÍA  POLO AMOR ÁS MULLERES E POLA IGUALDADE DE XÉNEROS.  

Dentro dun proxecto de máis de 30 coles de Galicia, impulsado dende o CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín, participamos no noso particular " twitter". Con #EQUALITER, as nenas e nenos do CEIP Celso Currás poñemos de manifesto á nosa opinión. 

 # Pola igualdade, polo amor bonito, por un mundo sen máis mortes, polo respecto,  por bicos consentidos, pola axuda, por un mundo sen violencia, por un MUNDO XUSTO EN IGUALDADE DE DEREITOS...

Os nen@s téñeno claro, máis amor e máis igualdade.  A sociedade debe ser o seu reflexo. 




" Hoy vas a descubrir que el mundo es solo para ti, que nadie puede hacerte daño... 
   Hoy vas a comprender que el miedo , se puede romper con un solo portazo"




GRACIAS ao cole de Abadín por esta maravillosa iniciativa, e por moitas máis! Porque nós tamén temos ALGO QUE DICIR! GRACIAS A TOD@S. 



Porque tod@s queremos VOAR!

21/11/17

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA


O 20 de Novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. 

É importante que todos coñezamos os dereitos básicos aos que todos os nenos e nenas teñen dereito, para concierciarnos e seguir loitando polo seu cumprimento. Queda moito camiño por recorrer, e moito por conseguir! 




Porque todos se merecen ser coidados e queridos! 


CANCIÓN MORAT: APRENDER A QUERERTE



CELEBRAMOS O MAGOSTO!


Magosto en compañía 

O pasado venres os nenos e nenas de Trabada fomos a celebrar o Magosto a Asturias! Si! Ao noso pobo veciño de Abres. Alí disfrutamos dunha xornada moi divertida xunto cos nenos e nenas do CRA Ría del Eo de Abres e Piantón. 

Fomos moi ben preparados para a ocasión como bos castañeiros e castañeiras , e mulleres e homes traballadores do rural.  Aínda que a traballar moito non nos dedicamos, máis ben estivemos a xogar e a comer todo o que os do cole de Abres nos tiñan preparado. 






Disfrutamos de xogos tradicionais e incluso aprendimos algún asturiano, que pese a ser de moi preto non coñecíamos, como a Patefa.  




Despois da mañá de xogos, para repoñer forzas, degustamos un bo banquete, no que, por suposto, non faltaron as castañas. 



Grazas ao CRA Ría del Eo por esta xuntanza. PASÁMOLO MOI BEN! 

Esperámosvos no noso cole! 

14/11/17

SAMAÍN 2017



HAPPY HALLOWEEN EVERYONE! 

Aínda que cun pouco de tardanza... non nos podíamos esquecer de ensinarvos o terrorífico que quedou o cole durante o SAMAÍN.

Foron poucos días de celebración pero o cole quedou ben engalanado para a ocasión ;)

Celebramos como é tradición , o CONCURSO DE DECORACIÓN DE CABAZAS. Moitas grazas a todos polas artistadas que nos fixechedes chegar! :)





















E... voilá Aquí vos presentamos os gañadores do concurso deste ano! NORABOA A TOD@S!





Sen embargo, todos os participantes recibimos agasallos e comimos unha cantas lambetadas gracias a famosa tradición americana do TRICK or TREAT ? ;)  Coido que o pasamos ben!!!






 Ademais, como este ano nos encontramos nun cole de cine fixemos unha CARTELEIRA DE  MEDO



Foi curto pero intenso... ATA A PRÓXIMA SAMAÍN! 

DÍA DA BIBLIOTECA


O pasado 24 de outubro celebramos no colexio o Día da Biblioteca Escolar. 

O alumnado de 5º e 6º preparou un contacontos para todos os compañeiros e compañeiras, cunha técnica que non coñecíamos: O Kamishibai. Os nenos e nenas gozaron desta actividade.























Ademais, todo o colexio colocamos unhas pegadas de cores no chan marcando o camiño dende cada clase á biblioteca. O cole luce moito máis chulo e a biblioteca gaña importancia, así todos sabemos se nos perdemos donde temos que ir. Ler sempre será unha boa opción para encontrarnos ;) 

Xa que, recordade, no cole somos moito de CONDUCIR A NOSA IMAXINACIÓN COS LIBROS. 


24/10/17

BANCO DE ALIMENTOS



Como xa sabedes, este ano para conmemorar o día dos alimentos todos aportamos a nosa pequena axuda  colaborando nun Banco de Alimentos para familias do concello.
Aquí vos deixamos a mostra, e vos damos as GRAZAS  a todas e todos por a vosa colaboración. Sen dúbida haberá moita xente agradecida.




Aproveitamos para recordarvos que o SAMAÍN está chegando ao cole, e a nosa entrada está desexando  engalanarse coas vosas cabazas e obras terroríficas. Non o esquezades ;)




... Mamaíña qué medo... !!! 

17/10/17

DÍA DOS ALIMENTOS



Onte celebramos o día mundial dos alimentos co visionado da película Ratatouille. Con ela, puidemos  coñecer os costumes culinarios de Francia e traballeremos ó longo destos días sobre os diversos alimentos que os chefs e seus axudantes ratiños nos mostran no filme.








É  necesario que todos os nenos e nenas nos demos conta da sorte que temos de poder gozar da alimentación que temos. 

Para concienciarnos un pouquiño máis da vital relevancia da nutrición e o consumo de alimentos no mundo, colaboraremos ó longo da semana aportando productos ao BANCO DE ALIMENTOS que habilitamos no cole. Axudar aos nosos veciños é importante, RECORDÁDEO!

Grazas ;)



10/10/17

EMOCIONÁMONOS


O venres pasado tivemos unha charla de Intelixencia Emocional. Coñecimos un pouco máis a fondo as nosas emocións e como funcionan dentro de nós.  
Descubrimos as ensinanzas e aprendizaxes emocionais que hai nas películas de debuxos que tanto nos gustan, en especial na de Inside Out, que viramos anteriormente no cole. 





Foi moi  divertido, e tod@s mostrámonos un pouquiño máis de nós ante os demais!  Agora é o momento de ir poñendo en práctica no día a día o que aprendimos e seguir descubrindo este mundo. 










Xa sabemos que Crer en nós é o punto de partida, e todos podemos lograr aquilo que nos propoñamos. 










Gracias a Guillermo Amor por facernos pasar un rato tan agradable e  axudarnos a mostranos tal e como somos. 



Ata a próxima! A seguir EMOCIONÁNDONOS ;)



03/10/17

Benvido Outono!





O patio do cole vístese de follas, castañas, cores amarronadas... para darlle a súa mellor benvida á nova estación. Os nenos e nenas aproveitan os tempos de lecer para disfrutas de todo isto.




O CINE PONSE EN MARCHA


CINE EMOCIONAL: Del Revés.

Como este ano estamos a aprender sobre o mundo do CINE, o venres pasado puidemos disfrutar da nosa primera estrea no cine do colexio, e vaia estrea! Foi completiña!

Para poder entrar ao cine,  compramos as entradas:

















Os acomodadores, realizaron moi ben o seu traballo e dispuxéronnos correctamente na sala:




Disfrutamos e démonos un pequeno pracer acompañando a película con palomitas :















E, sobre todo, aprendimos un pouquiño máis sobre intelixencia emocional e cómo funcionan as emocións dentro de nós.







Pd: Non podemos esquecernos de darlles as grazas aos estupendos traballadores do cine que fixeron a súa xornada xenial! Gracias aos pequenos de infantil pola súa axuda!

26/09/17

COMEZAMOS A RODAR!



Para que o curso e a rodaxe saian ben, o primeiro é coñecernos moi ben todos os membros do equipo. Este ano temos profes novas, e para traballar todos xuntos é preciso saber un pouco máis uns dos outros. Para isto, aproveitamos os primeiros días cuns xogos moi divertidos.

















Pero ... non nos podemos esquecer de que queremos chegar a ter un COLE DE PELÍCULA,  polo que é preciso recordar un pouquiño como debemos actuar e as normas que debemos respectar.


Xymkana e búsqueda das normas do curso 2017/18