18/12/18

NADAL 2018


Apuntiño de adentrarnos na última semana do trimestre...,e, polo tanto, a piques de comezar o fermoso Nadal! 🎄
O cole énchese do espírito desta época chea de maxia e ilusión! 
Os elfos xa están a traballar arreo e algún deles ten o seu posto de vixianza na chiminea do colexio para observar que tal se portan os nos@s pequen@s...
 

Nestes días deixemos tod@s saír o nen@ que levamos dentro! 

Aquí vos amosamos parte da decoración do cole! :) 





ADVENT CALENDAR


Coa chegada de Decembro, o cole énchese de espírito navideño e comeza a conta atrás para o Nadal!
O alumnado endózase cada día co noso Advent Calendar 📆✨
 
 

04/12/18

25N: A PORTA VIOLETA


Dentro das actividades do 25N, o alumnado de 5º e 6º creou a súa versión da Porta Violeta cara a liberación, sobre a que canta Rozalén 💜.







Y dibujé una Puerta Violeta en la pared 🎶




27/11/18

25N : EQUALITER.




Un ano máis participamos no proxecto conxunto de varios centros escolares de Galicia contra a violencia de xénero. EQUALITER, o twitter da igualde: por min, por nós, por el@s. 

Aquí vos amosamos o vídeo elaborado polo Ceip Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín con todo o material recibido dos centros participantes. Gracias aos nos@s compañeir@s de Abadín por todo o traballo!!! 


CONTRA A VIOLENCIA


Trabada en Negro #contraaviolencia



13/11/18

MAGOSTO 2018


O pasado venres celebramos o Magosto popular no colexio, xunto cos rapaces e rapazas do CRA Ría del Eo de Abres e Piantón. 

Os máis pequenos gozamos dunha sesión de cestería, mentres que os maiores participamos nun obradoiro de baile tradicional galego. 

Ao rematar as actividades comimos e xogamos todos xunt@s. Por suposto, non faltaron as castañas! 


Grazas aos nos@s amig@s do cole veciño por participar nesta xornada xunto a nós! 






MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras enchénse de novidades este curso!🎒 
Xogos novos , abrementes, e libros actuais para que o noso alumnado aprenda e se divirta! Gozádeo en familia e sacadelle moito proveito!! O noso caderno viaxeiro estará moi contento se lle enchedes as páxinas de bonitas creacións!



07/11/18

ENGLISH TIME, HALLOWEEN!


The little ones of school keep enjoying and learning with Declan! This week was time for a magic Halloween potion to our friend Sharky 🦈👻
——————
Os máis pequenos seguen a gozar e aprender con Declan na clase de inglés.
Esta semana tocou preparar unha pócema de Halloween para espantar o medo do noso amigo/ mascota Sharky 🦈👻




06/11/18

SAMAÍN 2018


Taller de maquillaxe e caracterización de Halloween , por Oskar Aramburu 👻☠️🦇







SAMAÍN 2018


Postres con sabor de morte que degustamos para festexar o Samaín




SAMAÍN 2018


Gracias a tod@s pola vosa participación na exposición de Cabazas!! Estades feitos uns artistas!

Aquí vos deixamos unha mostra da exposición e da decoración do Samaín!











E os gañadores do concurso de Cabazas do Samaín 2018.....



NORABOA A TOD@S E MOITAS GRAZAS POLO ESFORZO! 



16/10/18

XORNADA DE EMERXENCIAS


A comezos de curso fomos invitados a asistir a unha Xornada de Emerxencias cos Bombeiros e Equipos de Emerxencia en San Ciprián. Nelas aprendemos sobre a prevención de incendios e como actuar ante o perigo!

                                  

                                 

                                        

PARQUE INFANTIL DO PATIO!


Por fin o patio do cole comeza a coller máis forma, e sobre todo máis cor ... Ao parque xa lle falta menos!!


XORNADA COS CORPOS DE SEGURIDADE



A comezos de mes tivemos a oportunidade de acudir a unha exhibición dos medios de seguridade da Garda Civil en Ribadeo! 🚔🚓


Aquí vos deixamos unha mostra de todo o que nos ensinaron!





BENVIDO DECLAN!


A gran novidade deste curso é o cole pasa a ser Plurilingüe e con iso temos a sorte de ter un Auxiliar de Conversa entre nós! Benvido Declan , estaremos encantad@s de terte con nós por Trabada e aprender moito do teu país e a túa lingua! 🇬🇧

09/10/18

HORA DE LER


Co novo curso implantamos tamén a HORA de LER📚📚
Estos días estamos a ler libros de igualdade e diversidade que o Cefore nos mandou nas súas maletas viaxeiras... 🛍











XOGOS NO PATIO


Para facer o patio máis dinámico e afastarnos un pouco do monopolio do fútbol durante o tempo de lecer, este ano os nen@s teñen outra variedade de xogos máis tradicionais á súa disposición para os recreos. 
Os xogos están tendo bastante boa acollida entre o alumnado, mirade! 




18/09/18

CURSO 2018/19



O COLEXIO ABRE DE NOVO AS SÚAS PORTAS...

Aulas, corredores e patios volveronse a encher da vida dos máis pequen@s de Trabada, e aínda que de maneira moi suave, empezamos a preparar o terreo para o “horto” achegando as nosas sementes e regando cos valores que precisaremos para ter tod@s xunt@s un bo curso!!🌾

Feliz curso 2018/19 a tod@s!!!